
- A xornada estivo organizada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO)
- Asistiron case 200 persoas
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023. O edificio Cersia congregou a case duascentas persoas para asistir á xornada «A saúde mental e a súa relación co traballo» organizada polo S.N. de CCOO de Galicia e que se enmarca na campaña de concienciación emprendida polo sindicato no marco do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que tivo lugar o pasado 28 de abril.
Este acto contou coas intervencións de Armando Iglesias, secretario de Saúde Laboral do S. N. de CCOO de Galicia, Adela Quinzá-Torroja, xerente do ISSGA, Carlos Montes, psicólogo e profesor da USC e Juan Manuel Rodríguez, xefe da Sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas do Centro ISSGA_Ourense.
A saúde mental figura por primeira vez entre as prioridades da recentemente publicada Estratexia Española de Seguridad e Saúde no Traballo 2023-2027, que se sitúa ao mesmo nivel a protección da saúde física e mental das persoas traballadoras. Así mesmo, a futura Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027, na que se está a traballar actualmente, segue a mesma liña.
Ë fundamental o impulso a programas e proxectos para o coidado da saúde mental e o benestar emocional nos lugares de traballo realizando accións de sensibilización como neste caso, da man dos axentes sociais, dirixidas a favorecer ao coidado da saúde psicolóxica das persoas traballadoras.
O ISSGA leva desenvolvido diversas campañas recentemente para promover a adecuada xestión dos riscos físicos e psicosociais nos lugares de traballo co obxectivo de concienciar que os contornos laborais que coidan da saúde mental do seu persoal son máis seguros e produtivos e reducen a sinistralidade e as baixas laborais.
Investir na saúde física e mental das persoas e promover estilos de vida saudables tradúcese en calidade de vida dentro e fóra do traballo.