luns, Novembro 25, 2013

O ISSGA colabora na VII Semana da Seguridade e Medioambiente en San Ciprián

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) colabora con ALCOA no desenvolvemento da VII Semana da Seguridade e Medioambiente que terá lugar do 2 ao 5 de decembro en San Ciprián (Cervo).
 
O acto inaugural, que contará coa participación da directora do ISSGA, Adela Quinza-Torroja, terá lugar ás 11,00 horas do vindeiro día 2 de decembro no Polideportivo de San Ciprián e nel se presentarán as distintas actividades que se realizarán ao longo da semana, entre as que cómpre destacar a xornada técnica que terá lugar o martes, 3 de decembro, na que participará o técnico do Centro ISSGA de Lugo, Álvaro José López Aenlle, cun relatorio sobre as responsabilidades en prevención de riscos laborais.
 
No arquivo que se xunta poderá ampliar a información sobre a xornada técnica e mesmo a forma de inscribirse nela.