Novas

Martes, Setembro 08, 2026

O Issga colabora na formación dos residentes de Medicina do Traballo de Galicia

imaxe da xornada impartida aos residentes de Medicina do traballo

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2026.

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) colaborou este luns, 7 de setembro, na formación específica dos residentes de Medicina do Traballo, desenvolvida no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
César André Rivas, xefe da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga, impartiu unha sesión centrada no manexo manual de cargas e nos factores psicosociais, abordando estes aspectos desde unha perspectiva especialmente orientada ás características e necesidades do ámbito sanitario.
A formación permitiu afondar na identificación e prevención dos riscos ergonómicos e psicosociais presentes nos contornos de traballo sanitarios, achegando ás persoas residentes coñecementos e ferramentas de utilidade para o desenvolvemento da súa futura actividade profesional no ámbito da Medicina do Traballo.
Na xornada participaron residentes dos diferentes anos de formación da especialidade, favorecendo o intercambio de coñecementos e experiencias arredor da prevención dos riscos laborais e da protección da saúde das persoas traballadoras.
Con esta colaboración, o Issga continúa apoiando a formación especializada dos futuros profesionais da Medicina do Traballo e reforzando a transferencia do coñecemento técnico en materia de seguridade, saúde laboral, ergonomía e psicosocioloxía aplicada.