Mércores, Outubro 17, 2012
O ISSGA colabora con Gas Natural Fenosa na realización de cursos de operacións locais en media e baixa tensión
• Onte desenvolveuse no Centro ISSGA de Lugo un curso de operacións locais en media e baixa tensión dirixido a traballadores autorizados e cualificados segundo criterios do R.d. 614/2001, pertencentes a empresas contratistas de mantemento concertado que realizan manobras en instalacións de media e baixa tensión de Unión Fenosa distribución.
• Esta actividade enmárcase no acordo marco de cooperación asinado entre o ISSGA e Gas Natural Unión Fenosa en materia de formación de risco eléctrico.
O curso vai dirixido a traballadores autorizados e cualificados segundo criterios do R.D. 614/2001, pertencentes a empresas contratistas de mantemento concertado que realizan manobras en instalacións de media e baixa tensión de Unión Fenosa Distribución.
Posteriormente realizaranse xornadas prácticas nas subestacións onde opera normalmente cada contrata, con unha duración mínima de 3 horas.
Este curso realízase ao amparo do acordo marco de colaboración asinado en abril de 2010 entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e Gas Natural Unión Fenosa en materia de formación de risco eléctrico, e encadrase dentro das actuacións planificadas por Unión Fenosa Distribución para dar cumprimento ao establecido no R.d. 171/2004 que desenvolve o artigo 24 da lei de prevención de riscos laborais sobre coordinación de actividades empresariais.
Os obxectivos do curso son:
- Informar ao persoal de empresas contratistas que realizan manobras na rede de media e baixa tensión, sobre as instrucións a aplicar para a prevención dos riscos existentes nas instalacións que garantan unha actuación segura de acordo coas esixencias das leis 31/95 e 54/2003 de prevención de riscos laborais e do R.d. 614/2001 sobre disposicións mínimas para a protección da saúde e a seguridade dos traballadores fronte ao risco eléctrico.
- Ampliar o coñecemento tecnolóxico das instalacións que teñen os operarios das empresas contratistas, necesario para unha correcta realización de manobras nas instalacións de media e baixa tensión propiedade de Unión Fenosa Distribución.
- Informar, ao persoal de mantemento que realiza traballos e/ou manobran na rede de media e baixa tensión de Unión Fenosa Distribución dos riscos existentes nas instalacións.
- Cooperar coas empresas que realizan traballos nas instalacións de Unión Fenosa Distribución na aplicación da normativa de prevención de riscos laborais.
Os traballadores que o superen poderán realizar traballos e/ou manobras nas instalacións en explotación de Unión Fenosa Distribución.