Novas

Martes, Abril 24, 2012

O ISSGA colabora coa Universidade de Vigo nunhas xornadas técnicas sobre traballos en altura

Durante este mes de abril o ISSGA colaborará co Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo nas xornadas técnicas sobre Traballos en Altura que terán lugar nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

Impatirase a mesma xornada en cada un dos ditos campus nos vindeiros días:

- Campus de Vigo, 24 de abril
- Campus de Pontevedra, 25 de abril
- Campus de Ourense, 26 de abril

Ditas xornadas serán abertas ao público en xeral e nelas intercalaranse conferencias con obradoiros prácticos, nas que intervirá o ISSGA cos técnicos dos seus centros de Pontevedra e Ourense, Pablo García e Héctor González, respectivamente.

O obxectivo principal é poñer en coñecemento dos traballadores que realizan traballos en altura, tanto da Universidade como de empresas externas, os riscos asociados a ditos traballos así como as normas seguras de actuación, e por outra banda, iniciar e concienciar os alumnos en materia preventiva.