Novas

Luns, Febreiro 09, 2026

O ISSGA colabora coa Escola Nacional de Medicina do Traballo (ENMT) impartindo formación no Curso Superior de Medicina do Traballo (CUSMET) para médicos residentes en medicina do traballo

imaxe cusmet

A Coruña, 9 de febreiro de 2026

Hoxe tivemos a oportunidade de impartir unha sesión docente na ENMT no curso superior de Medicina do Traballo (CUSMET) 2025-2026 no marco da  formación dos Médicos Internos Residentes desta especialidade médica. 

O tema da sesión foi sobre Oncoloxía Laboral a cargo de Nieves Lorenzo Espeso, especialista en Medicina do Traballo e Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga. Na sesión explicouse o proxecto Rede sentinela de tumores de orixe laboral de Cancro de seos paranasais“ no que participou o Issga en colaboración co INSST, ISCIII, SEOM, CCAA e a ENMT” e debatéronse algúns casos clínicos incluídos na rede. O obxectivo deste estudo, foi estimar a infranotificación deste tipo de tumores e identificar os factores de exposición laboral. 

O paciente cumprimentou un cuestionario consensuado polo no grupo no que se recollen antecedentes laborais de exposición de risco, profesión, tempos de exposición laboral, entre outras variables. O oncólogo comunicou o caso como sospeita de enfermidade profesional segundo recolle o artigo 5 do Rd 1299/2006, logo da valoración do especialista en Medicina do Traballo da CCAA na que se detectou o caso e posta en común na reunión periódica do grupo.

A longo do ano 2026 difundirase o informe de resultados do proxecto de investigación “Rede sentinela de tumores ORL de orixe laboral (Cancro de senos paranasais)“.

Tamén se lles explicou o procedemento de comunicación das sospeitas de enfermidades profesionais e da aplicación CEPROSS e PANOTRATSS así como a participación do Issga neste tipo de actuacións.

Esta actuación ven contemplada na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e é unha acción contemplada no Plan de actuación do Issga 2024, 2025 e 2026.