Venres, Outubro 10, 2014
O Issga colabora co Osalan nunha xornada técnica sobre a xestión sanitaria dos servizos de prevención
Bilbao, 10 de novembro de 2014. A xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro Issga da Coruña, Nieves Lorenzo Espeso, participa hoxe na xornada técnica “Futuro da xestión sanitaria dos servizos de prevención. Reflexións a tres anos do RD 843/2011” organizada polo Instituto Vasco de Seguridade e Saúde Laboral – OSALAN.
A xornada técnica está organizada en tres paneis nos que participan diversos relatores e un moderador, que é o encargado de lanzar preguntas a cada un dos panelistas, os cales darán resposta tanto ás cuestións formuladas polo moderador como polo público asistente.
Nieves Lorenzo forma parte do terceiro panel no que se dará a visión doutras comunidades autónomas sobre o tema da xornada e no que están representadas as comunidades autónomas de Cantabria, Andalucía, Navarra, Valencia e Galicia.
Os outros dous paneis versarán sobre a visión dos servizos de prevención e as sociedades científicas e sobre a proposta de Osalan de modificación do Decreto 306 do Goberno Vasco en base ao Real Decreto 843/2011.