Novas

Venres, Outubro 10, 2014

O Issga asistirá á clausura da asemblea xeral ordinaria da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao

O xefe do Centro Issga de Ourense, Ángel López Álvarez, asistirá hoxe no edificio Multiusos Manuel Rodríguez de la Fuente ao acto de clausura da asemblea xeral ordinaria da Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao de Ourense.
O polígono de San Cibrao conta con máis de 320 empresas e mais de 8000 traballadores, sendo o de maior importancia da provincia de Ourense.
O ISSGA realizou un estudo da situación das empresas nos parques empresariais galegos. O estudo foi levado a cabo sobre as empresas de todos os sectores económicos situadas en 31 polígonos industriais das 4 provincias. En Ourense participaron 3 polígonos industriais, un dos cales foi o de San Cibrao.
Tamén se realizou un estudo da estrutura de prevención dos riscos laborais e da capacidade de actuación ante emerxencias dos polígonos industriais galegos. Este levouse adiante sobre 25 polígonos industriais. Analizáronse diversos aspectos como sistemas de información, acceso ás empresas, a mobilidade, os medios ante emerxencias, os servizos médicos, a existencia de aulas de formación ou a existencia dun plan de actuación ante emerxencias. O polígono de San Cibrao destacou como puntos favorables os medios de actuación ante emerxencias e como puntos a mellorar entre outros o control de accesos, aparcadoiros, garderías aceiras ou servizos médicos.
Nas seguintes ligazóns pódense consultar ambos os dous estudos.