Novas

Mércores, Decembro 01, 2010

O ISSGA asiste á XVII Edición da Feira dos Autónomos de Galicia, FEMAGA 2010

A Feira de Mostras da Coruña- FEMAGA 2010 celebra unha nova edición no Recinto Ferial de ExpoCoruña do 4 ao 8 de decembro. O ISSGA estará presente nesta cita multisectorial cun stand institucional a través do cal difundirá información divulgativa en prevención de riscos laborais, o plan de actividades deste ano así como os últimos datos de siniestralidade laboral.

FEMAGA 2010 comprende diferentes salóns especializados como o Salón internacional de Turismo (S.I.T.A.C.), o Salón das Novas Tecnoloxías (TIC), a Feira Navideña da Artesanía Galega (FENARGA), Outlet do Moble Coruñés, Mercado Outlet Navideño e unha Feria Gastronómica.

Ademais, haberá un amplo programa de actividades paralelas como desfiles de moda, concurso gastronómico ou xornadas técnicas.