Mércores, Decembro 17, 2014
O Issga asiste en Ferrol á presentación dos relatorios das XIV Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde
O xefe do Centro Issga da Coruña, José Rega Piñeiro, participou hoxe na presentación da publicación do libro sobre as “XIV Xornadas Galegas sobre Condicións de Traballo e Saúde”, volume que recolle as distintas conferencias e comunicacións presentadas nestas xornadas organizadas pola Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña e a Asociación de Graduados Sociais de Ferrol.
O acto tivo lugar no Salón de actos do Campus de Esteiro en Ferrol.
O Issga ven colaborando dende hai varios anos nestas xornadas técnicas que axudan á promoción da prevención de riscos laborais e á promoción da mellora das condicións de traballo.