Novas

Xoves, Outubro 14, 2010

O ISSGA asiste ao terceiro Congreso de Prevención de Riscos Laborais da Comunidade de Madrid

O ISSGA asiste ao terceiro Congreso de Prevención de Riscos Laborais da Comunidade de Madrid

O día 14, tras a inauguración- que correrá a cargo de Paloma Adrados Gautier, conselleira de Emprego, Muller e Inmigración da Comunidade de Madrid; Arturo Fernández Álvarez, presidente de CEIM Confederación Empresarial de Madrid-CEOE; Francisco Javier López Martín, secretario xeral de CCOO de Madrid; e José Ricardo Martínez Castro, secretario xeral de UGT de Madrid-, Ignacio Moreno González-Aller, presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ofrecerá a conferencia “O accidente de traballo e a reparación do dano na recente jurisprudencia” .

O programa do Congreso conta coa participación de relatores de primeira liña, representativos dos distintos ámbitos da prevención de riscos laborais e contempla diferentes mesas redondas, paneis de expertos e Obradoiros, dedicados á exposición e discusión dos aspectos preventivos que máis interese suscitan no contexto económico actual, entre outros: “As Estratexias Europea e Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2007-2012: diagnóstico de situación”; “Ferramentas para integrar a prevención nas obras de construcción” ; “Presentación audiovisual de primicias en seguridade e saúde no traballo”; “Colectivos de traballadores especialmente sensibles aos riscos laborais”; “A consolidación universitaria na formación de nivel superior en prevención de riscos laborais”; “A formación dos técnicos en prevención de riscos laborais e dos traballadores na empresa”; “As actividades das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais en materia de prevención de riscos laborais”; “Actualidade da prevención nas Comunidades Autónomas”; “O papel da negociación colectiva en prevención de riscos laborais”; “Atmosferas explosivas pola presenza de axentes químicos nos lugares de traballo. Documento de protección”; “Diferentes perspectivas sobre a enfermidade profesional” e “Ergonomía e saúde no traballo”.

José Ignacio Fernández Rubio, viceconselleiro de Emprego e Muller da Comunidade de Madrid será o encargado de clausurar o Congreso.