Novas

Martes, Outubro 21, 2025

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) celebrou hoxe o webinar “Intelixencia artificial, dixitalización e PRL: cara a traballos máis seguros e saudables”

imaxe webinar

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025

No marco da Semana Europea da Seguridade e Saúde no Traballo, que este ano se desenvolve baixo o lema “Traballos seguros e saudables na era dixital”, en liña coa campaña europea 2023–2025 promovida pola EU-OSHA.

Nun contexto de acelerada transformación do mundo laboral, marcado pola dixitalización, automatización e o incremento do uso da intelixencia artificial, os riscos tradicionais en materia de seguridade e saúde laboral están a verse ampliados con novos retos. Estas circunstancias modifican non só os procesos produtivos, senón tamén as condicións e a calidade de vida das persoas traballadoras, facendo imprescindible adaptar as prácticas de prevención aos novos escenarios dixitais.

Arturo Lahera, profesor titular en Socioloxía do Traballo e Ergonomía na Universidade Complutense de Madrid, foi o encargado de impartir a conferencia, na que ofrecéu ferramentas prácticas para mellorar a saúde e o benestar das persoas traballadoras na actualidade.

A actividade converteuse nun espazo de reflexión crítica sobre o impacto da transformación dixital no benestar laboral e na prevención de riscos, subliñando as oportunidades que a tecnoloxía ofrece neste ámbito.