Novas

Martes, Xuño 18, 2024

O INSST presenta a campaña "O meu traballo tamén é saúde"

Imaxe campaña INSST
  • Desde o día 15 ata o 30 de xuño, o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo lanza a campaña sobre Promoción da Saúde no Traballo: "O meu traballo tamén é saúde".


Existe unha conexión entre a saúde e o traballo. Por unha banda, o estado de saúde pode afectar a contorna de traballo; e, por outra, as condicións de traballo son un dos principais determinantes da saúde das persoas.

Ademais, todo o tempo que pasamos no traballo convérteo nunha contorna ideal para a implantación deste tipo de programas.

Con intervencións de Promoción da Saúde no Traballo (PST) todo tipo de empresas poden favorecer un impacto positivo na saúde do seu persoal. Sen esquecer o papel destacado das persoas traballadoras coa súa participación nos programas para contribuír a mellorar a súa saúde e transmitila á súa contorna persoal.

A través da campaña búscase unha maior concienciación por parte das empresas respecto a a promoción da saúde e un mellor coñecemento das posibilidades que ofrecen os programas de PST.



Máis información na seguinte ligazón:

https://www.insst.es/documentacion/espacio-monotematico/pst-2024

Documentación