Novas

Martes, Marzo 09, 2021

O INSST cumpre 50 anos dedicado á promoción e apoio á mellora da seguridade e a saúde no traballo

9 de marzo de 2021. O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo  INSST) conmemora hoxe o 50 aniversario da súa creación, contemplada na Ordenanza Xeral de Seguridade e Hixiene no Traballo, publicada o 9 de marzo de 1971. O Instituto, adscrito ao Ministerio de Traballo e Economía Social, é o órgano científico-técnico especializado da Administración Xeral do Estado que ten como misión a análise e estudo das condicións de seguridade e saúde no traballo, así como a promoción e apoio á mellora das mesmas.

Para iso establece a cooperación necesaria cos órganos das comunidades autónomas con competencias nesta materia. O INSST actúa, ademais, como centro de referencia nacional antes as institucións europeas, garantindo a coordinación e transmisión da información que deberá facilitar a escala nacional, en particular respecto a a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo e a súa Rede

Dende o ISSGA sumámonos ás felicitacións ao INSST por eses 50 anos traballando na mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo e agradecémoslle o seu traballo e colaboración.