Mércores, Marzo 01, 2023
O Consello Reitor do ISSGA celebrou a primeira reunión deste ano
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2023. Hoxe tivo lugar na modalidade mixta (presencial e por videoconferencia) a primeira sesión ordinaria do Consello Reitor, órgano superior colexiado de goberno, do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), d: de acordo cos artigos 17 e seguintes dos estatutos do ISSGA, aprobados polo Decreto 165/2014, do 11 de decembro.
Entre os asuntos máis destacados da orde do día cómpre destacar a información sobre a aprobación do Plan de actuación do ISSGA 2023, os datos en avance de sinistralidade laboral en Galicia de 2022, as actuacións de traballos con risco de exposición a amianto en 2022 así como un informe sobre a oferta formativa do instituto a pasado ano.