Martes, Abril 08, 2014
O centro Issga de Pontevedra recibe a visita de 30 alumnos de formación profesional
A visita centrouse especialmente na área de Medicina Laboral, na que este centro dispón de instalacións autorizadas en medicina do traballo e análises clínicas para facer recoñecementos médicos segundo as actividades programadas no Plan anual de actividades do Issga, fundamentalmente a traballadores e traballadoras autónomos/as.
Estas actividades permiten o desenvolvemento de estudos epidemiolóxicos en saúde laboral para a identificación de enfermidades laborais vinculadas a riscos novos e emerxentes e analizar a súa correlación coas condicións de traballo, contribuíndo a visualizar as enfermidades profesionais.
Durante o pasado ano, o Issga realizou 645 recoñecementos médicos, 746 análises, 33.704 determinacións analíticas e 8.426 probas médicas complementarias (auditivas, respiratorias, visuais, cardíacas, radiolóxicas, etc.).
Con esta visita se persegue concienciar os estudantes de formación profesional e bacharelato da importancia da seguridade e a saúde laboral no traballo.