
Rande-Redondela, 22 de novembro de 2019. Durante esta actividade, eminentemente práctica, se analizarán os diferentes métodos simplificados ou cualitativos para avaliar e controlar a exposición inhalatoria a axentes químicos, facendo especial fincapé no método Stoffenmanager.
A avaliación cualitativa ten un carácter complementario e non substitutivo da avaliación cuantitativa da exposición inhalatoria, e permite avaliar os axentes químicos e xerarquizar os riscos potenciais establecendo prioridades de actuación, para nun estudo posterior abordar a avaliación dunha forma detallada.
Axudan na identificación e comunicación das medidas de xestión do risco nos postos de traballo, en función do nivel de risco e evitar así actuacións custosas para efectuar mostraxes e análises para definir as prioridades de actuación; ademais, poden utilizarse na fase de deseño.
Este tipo de métodos, en xeral, non son complexos na súa aplicación e comprensión e permiten detectar cando a exposición está claramente por riba ou por debaixo do VLA e a implantación inmediata de medidas correctora