Mércores, Xuño 04, 2014
O centro Issga de Lugo acolleu unha xornada técnica sobre os trastornos músculo-esqueléticos no ámbito laboral
Hoxe tivo lugar no Centro Issga de Lugo unha xornada técnica organizada por Fremap sobre os trastornos músculo-esqueléticos no ámbito laboral dirixida a directores técnicos, responsables de relacións humanas, responsables do sector sanitario, profesionais de prevención e servizos de vixilancia da saúde.
O obxecto da xornada foi examinar o marco legal e os aspectos esenciais da xestión dos trastornos músculo-esqueléticos no ámbito laboral, presentar un estudo sobre a incidencia das condicións ergonómicas nos accidentes de traballo por sobreesforzo nas extremidades superiores e expoñer as boas prácticas de actuación a implantar por parte da organización preventiva da empresa.