Xoves, Setembro 12, 2019
O centro ISSGA de Lugo acolleu unha xornada técnica sobre a auditoría técnica en instalacións eléctricas industriais de baixa tensión
Lugo, 12 de setembro de 2019.- Esta actividade formativa que tivo lugar no centro do ISSGA – Lugo, desenvolta por Fremap en colaboración co ISSGA, tivo como obxectivos:
-
Analizar os factores de risco eléctrico na utilización e mantemento das instalacións eléctricas industriais de baixa tensión desde o punto de vista preventivo.
-
Profundar nas esixencias normativas de carácter técnico e administrativo a considerar: documentación, revisións, características dos compoñentes, condicións do lugar..
-
Revisar as técnicas e procedementos de traballo para o control das condicións de risco derivados das instalacións eléctricas de baixa tensión.
Estas accións formativas organizadas por Fremap e o ISSGA, que xa se veñen realizando nos últimos anos, permiten formar a técnicos de prevención, delegados, empresarios ou profesionais, entre outros, sobre os diversos cambios nos procesos produtivos, posta ao día na normativa ou na introdución de novas tecnoloxías, que fan precisa unha actualización permanente de coñecementos no eido da prevención de riscos laborais e na seguridade e saúde laboral.
A divulgación destes coñecementos é unha parte fundamental da prevención de riscos laborais e así aparece recollido no Plan de actividades do Issga para este ano 2019.