Novas

Mércores, Maio 12, 2010

O Centro do ISSGA na Coruña celebra o día 14 de maio unha xornada técnica sobre "Drogas e alcohol no traballo"

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2010.- Dentro do programa de formación contínua do ISSGA previsto no Plan de Acción 2010, o día 14 de maio celebrarase unha xornada técnica no centro do ISSGA en A Coruña, sobre Drogas e alcohol no traballo.

Na sesión, que será presentada por José Rega, subdirector xeral Técnico e de Planificación do ISSGA, intervirán Ricardo Pardo e Victoriano Fuentes, asesores xurídicos da Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral, APROSAL, sobre “Aspectos legais e responsabilidade administrativa” e “Aspectos legais, xurídico e penal dos traballadores e do empresario”; Jesús Vázquez, director da Escola Universitaria de Relacións Laborais de A Coruña, sobre “Tratamento de problemas de alcohol e drogodependencias a niviel de relación laboral, traballador/empresa”; Carlos Martinez Corral, vicepresidente de APROSAL e técnico de PRL en Dragados, sobre “Problemas de alcoholismo no sector da construcción”; e Carmen Ramos, xerente do Laboratorio Ramos, que intervirá sobre “Tipos de drogas e métodos de detección”.

A xornada, na que está prevista a participación dun cento de asistentes, será clausurada pola directora do ISSGA, Adela Quinzá-Torroja García.