Mércores, Xuño 06, 2012
O Centro do ISSGA en Pontevedra acolleu unha xornada técnica sobre os trastornos musculoesqueléticos no ámbito laboral
O día 5 de xuño tivo lugar no Centro ISSGA de Pontevedra unha xornada técnica organizada por Fremap na que se analizou o marco legal e os aspectos esenciais da xestión dos trastornos musculoesqueléticos no ámbito laboral, dirixido a directores técnicos, responsables de relacións humanas, responsables do sector sanitarios, profesionais de prevención e servizos de vixilancia da saúde.
FREMAP presentou un estudo sobre a incidencia das condicións ergonómicas nos accidentes de traballo por sobreesforzo nas extremidades superiores.
Ademais, expuxéronse boas prácticas de actuación a implantar por parte da organización preventiva da empresa.