Novas

Mércores, Maio 12, 2010

O Centro do ISSGA en Lugo celebra o día 14 de maio unha xornada técnica sobre "Equipos auxiliares de carga e elevación en obras de construción"

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2010.- Dentro do programa de formación contínua do ISSGA previsto no Plan de Acción 2010, o día 14 de maio celebrarase unha xornada técnica no centro do ISSGA en Lugo, sobre "Equipos auxiliares de carga e elevación en obras de construción".

Na sesión, que será presentada por Nieves Novo, xefa do centro do ISSGA en Lugo, intervirán como relatores Ramón Rodriguez, consultor técnico de FREMAP Mutua, sobre “Accesorios de carga e evaluación en construción, normativa de seguridade e exemplos prácticos”; Jose Luis Rois, do departamento técnico de Torvar SL, que presentará un caso práctico de “Aluguer, utilización e mantemento de accesorios de carga e elevación”; e Alvaro Lóipez, xefe do equipo de Seguridade do ISSGA de Lugo, que abordará “Formación e información, plan de seguridade e saúde laboral”.