Xoves, Novembro 08, 2012
O Centro do ISSGA de Lugo acolleu unha xornada técnica sobre os traballos en altura
Hoxe tivo lugar no Centro do ISSGA de Lugo, en colaboración con Fremap, a xornada técnica "Traballos en altura. Equipos para a elevación de traballadores" co obxectivo de dar a coñecer e analizar a normativa técnica vixente sobre as condicións de seguridade dos equipos para efectuar traballos en altura: plataformas elevadoras móbiles (PEMP), plataformas elevadoras de mastro, equipos mixtos para cargas e persoas, etc., así como os criterios para a selección dos equipos de protección individual deseñados para ser utilizados nestes equipos.
Así mesmo, tratáronse outros aspectos preventivos como a formación dos operadores e o mantemento dos equipos. Incluíronse tamén os criterios técnicos a ter en conta na utilización destes equipos segundo o ámbito de traballo.
PROGRAMA
Normativa técnica aplicable
Condicións de seguridade das plataformas elevadoras móbiles de persoas (PEMP)
Condicións de seguridade en plataformas de mastro, equipos mixtos para cargas e traballadores, etc.
Outros aspectos preventivos
- Formación
- Mantemento
- Aspectos a ter en conta no aluguer ou compra destes equipos
- Designación de "Recursos Preventivos"
- EPI