Xoves, Novembro 05, 2009
Novo folleto elaborado polo ISSGA para facilitar a elaboración e posta en marcha dos plans de actuación fronte á gripe pandémica (H1N1) 2009 e actualización da información sobre gripe A da nosa web
Co fin de ofrecer nun formato máis manexable a “GUÍA PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DE ACTUACIÓN DAS EMPRESAS ANTE A SITUACIÓN ACTUAL DE PANDEMIA CAUSADA POLO VIRUS DA GRIPE A/H1N1” do ISSGA, edítase un folleto/resume dela co título “AS EMPRESAS ANTE A GRIPE PANDÉMICA A(H1N1)2009: PLAN DE ACTUACIÓN”. Tanto a guía como o folleto pode descargalos no ficheiro zip que figura ao final desta información e no enlace sobre gripe A da nosa web.
Asemade actualízase hoxe a información do enlace “gripe A” da nosa web e os seus documentos anexos. Merece especial referencia o documento elaborado polo Ministerio de Sanidade e Política Social e o Ministerio de Traballo e Inmigración titulado “Preguntas y respuestas sobre la gripe pandémica (H1N1) 2009 en los centros de trabajo” que pretende aclarar, dun xeito xeral, a traballadores, empresarios e servizos de prevención, aquelas cuestións prácticas respecto á gripe pandémica que poden xurdir nos centros de traballo. Pode descargalo do ficheiro zip que figura ao final desta información e tamén da páxina web do Ministerio de Sanidade e Política Social.