venres, Decembro 30, 2022

Novidades técnicas na PREVENCIÓN DA EXPOSICIÓN A SÍLICE CRISTALINA RESPIRABLE

Novidades técnicas na PREVENCIÓN DA EXPOSICIÓN A SÍLICE CRISTALINA RESPIRABLE

Publicación da Guía técnica para a prevención do risco por exposición a sílice cristalina respirable no traballo do INS.

O Instituto Nacional de Silicose (INS) publicou a Guía Técnica para a prevención do risco por exposición á Sílice Cristalina Respirable (SCR) no ámbito laboral, para facilitar a aplicación e interpretación das esixencias do Real decreto 665/1997 no referente a traballos nos que haxa ou poida haber exposición a este contaminante, establecendo criterios e recomendacións co fin de lograr unha correcta aplicación da normativa e da práctica preventiva. Esta Guía Técnica consta dun corpo común a todos os sectores ao que está previsto que se vaian anexando diversos apéndices que se ocuparán de analizar a situación de actividades concretas con aplicacións prácticas e medidas de prevención específicas.

Guía técnica SCR, INS

 

Actualización da Guía técnica para a prevención dos riscos por exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos do INSST 

Dende que se publicou a anterior edición da guía técnica do Real decreto 665/1997,  relativo aos axentes canceríxenos ou mutáxenos, que a norma encomenda ao Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), publicáronse varias modificacións do real decreto o que supuxo, entre outros cambios, a actualización do Anexo I (Lista de substancias, mesturas e procedementos) que inclúe novas entradas como os traballos que supoñan exposición ao po respirable de sílice cristalina (SCR), así como a actualización do Anexo III (Valores límite de exposición profesional). A actualización da guía técnica recolle estas modificacións e tamén incorpora dous novos apéndices: un sobre criterios técnicos para determinar a presenza de axentes canceríxenos ou mutáxenos en postos de traballo non involucrados directamente coa súa utilización ou xeración, e outro de información sobre traballadores expostos, que deben ser tidos en conta polas empresas que desenvolven traballos con risco de exposición a SCR.

Guía técnica axentes CM INSST