Martes, Maio 09, 2017
Nova xuntaza da Comisión para a integración da igualdade do ISSGA
- Continuouse co traballo de análise do cumprimento da normativa de PRL respecto da protección da maternidade
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017. A Comisión para a integración da igualdade do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) reuniuse no edificio IGAPE_ISSGA no Complexo Administrativo de San Lázaro en Santiago de Compostela para continuar co traballo de análise de cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais respecto da protección da maternidade.
Esta comisión ten un carácter permanente e técnico da que forman parte técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) así como dos tres sindicatos máis representativos e da Confederación de Empresarios de Galicia. O o seu principal obxectivo é asesorar sobre aspectos relacionados coa igualdade de xénero na saúde e seguridade no traballo. Está formado por técnicos do ISSGA así como por persoal dos tres sindicatos máis representativos e da CEG.