Xoves, Decembro 18, 2025
Nova reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST)
A Coruña, 18 de decembro de 2025
Hoxe tivemos unha nova reunión do subgrupo de enfermidades profesionais do sector pesqueiro da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e no que está a participar como representante do Issga Nieves Lorenzo Espeso, Xefa da área Técnica de Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.
O Issga ten entre os seus colectivos prioritarios de actuación o sector de pesca e as mulleres do mar.
As accións deste grupo están en liña coa EESST 2023-2027 co obxectivo de mellorar a prevención e detección das enfermidades profesionais(EP) no sector pesqueiro, e estase a traballar na elaboración de dous documentos técnicos:
-
Un dirixido a mellorar a formación e información específica dos facultativos médicos dos servizos de prevención, da atención primaria de saúde e das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social en relación cos riscos profesionais e as enfermidades profesionais nesta actividade.
-
Outra publicación dirixida ás persoas traballadoras no sector para facilitarlles información sobre enfermidades profesionais máis frecuentes e procedementos de actuación ante a unha sospeita de enfermidade profesional.