Novas

Luns, Marzo 16, 2026

Nova reunión do grupo de traballo de riscos psicosociais e saúde mental da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST)

imaxe grupo de traballo CNSST

A Coruña, 16 de marzo de 2026

Hoxe tivemos unha nova reunión do grupo de traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST). Neste grupo estase a desenvolver distintas liñas de actuación co obxectivo de aumentar a sensibilización sobre a relevancia de identificar e xestionar os riscos psicosociais nas empresas, así como sobre os beneficios que isto supón para a protección e mellora da saúde das persoas traballadoras.

Esta actuación ven contemplada na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e é unha acción contemplada no Plan de actuación do Issga 2026.

Neste grupo participa do Issga Mª José García Santos, Xefa da sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.