Luns, Xaneiro 26, 2026
Nova reunión do grupo de traballo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST) sobre riscos psicosociais
A Coruña, 26 de xaneiro de 2026
Hoxe tivemos unha nova reunión do grupo no que estamos a avanzar en distintas liñas de actuación e accións orientadas a facilitar a xestión dos riscos psicosociais polas empresas.
Estas actuacións desenvólvense en consonancia coa Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e co Plan de Actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).
Na reunión participou Mª José García Santos, xefa da Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada do Issga.