Novas

Venres, Febreiro 02, 2018

Nova norma ISO 45001

O Comité responsable da elaboración da ISO 45001, acaba de aprobar en xaneiro de 2018 o Borrador Final da Norma ( FDIS), o que supón que este estándar publicarase, previsiblemente, en marzo. Supoñerá a anulación do estándar OHSAS 18001, polo que as empresas certificadas terán un período de tres anos para realizar a migración á ISO 45001.

É de carácter voluntario, e o seu obxectivo é que se poida aplicar en calquera organización con independencia do seu tamaño, tipo ou actividades. É certificable por unha terceira parte independente.

O Issga participa no Comité técnico e no Grupo de Traballo de normalización relacionados con esta norma:

•Comité Técnico AEN/ CTN 81 Prevención e medios de protección persoal e colectiva no traballo

•Subcomité Técnico AEN/ CTN 81/GT 01 "ISO 45001" Sistema de xestión da seguridade e saúde no traballo. Requisitos con orientación para a súa utilización