Novas

Martes, Maio 03, 2011

Nova imaxe das Follas de prevención do ISSGA

Nova imaxe das Follas de prevención do ISSGA

Coa publicación da Folla de prevención nº 26 – A comunicación do risco químico (I), o ISSGA actualiza a imaxe dunha das súas publicacións de referencia dende que se editara a primeira en setembro do ano 2008, cunha nova cabeceira e pequenos cambios de deseño, mantendo o mesmo obxectivo de ofrecer un documento técnico de utilidade no ámbito da prevención de riscos laborais.

Esta folla de prevención céntrase nos cambios que CLP está a producir no sistema de clasificación e etiquetaxe dos produtos químicos perigosos (substancias e preparados) e noutras informacións xeradas por este regulamento, é dicir, naqueles cambios ou novidades que CLP está a producir na información e normativa que debemos barallar para identificar e avaliar o risco químico nos lugares de traballo.

Constitúe a primeira dunha serie de dúas que deben ser consideradas conxuntamente, a segunda abordará o Regulamento REACH dende esta mesma perspectiva.

A súa autora é Lucía Ferrón Vidán, doutora en Bioloxía e técnica superior en Prevención de Riscos Laborais do ISSGA.

No seguinte arquivo pode descargala e visualizala en pdf ou como pdf interactivo; neste derradeiro caso ten que abrir o arquivo: index.html.