Venres, Xullo 17, 2026
Nota informativa sobre o emprego de maquinaria agrícola en período de alto risco de incendio
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a Orde do 23 de xuño de 2026, que regula a utilización de maquinaria durante a época de perigo alto de incendios forestais cando o Índice de Risco Diario de Incendio (IRDI) sexa moi alto ou extremo, no período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
A norma permite a realización de actividades preventivas, silvícolas e agrícolas nos terreos forestais e nas súas zonas de influencia, sempre que se cumpran as condicións establecidas e as recomendacións recollidas no Pladiga 2026. Entre elas destacan a consulta diaria do IRDI, a revisión e mantemento da maquinaria, a dispoñibilidade de medios de extinción e a formación do persoal para actuar ante un posible incendio.
Ademais, cando os traballos se desenvolvan entre as 12:00 e as 18:00 horas, deberán adoptarse medidas adicionais de prevención, como contar cunha persoa observadora e reforzar os medios de primeira intervención.
En caso de detectar un incendio forestal, débese avisar de inmediato ao 085 ou ao 112.