Luns, Xuño 28, 2010
NO MES DE MAIO REDÚCESE A SINISTRALIDADE LABORAL EN GALICIA UN 6,18%
A sinistralidade laboral baixou en Galicia un 6,18% o pasado mes de maio, cun total de 2.990 accidentes, fronte aos 3.187 rexistrados no mesmo periodo do ano pasado. Do total dos rexistrados, 2.945 foron leves, 43 de carácter grave e 2 resultaron mortais.
Analizando os datos por sectores, a meirande diminución foi na construción, cunha baixada do 13,46%; seguido da industria, cunha reducción do 13,12%; mentres nos restantes sectores de actividade producense incrementos, que no caso da agricultura é do 12,24%, nos servizos do 2,45% e na pesca do 0,97%. Por provincias, a accidentalidade descende en Pontevedra un 11,16% e en A Coruña un 6,78%. En Ourense aumenta un 10,19% e en Lugo un 2,41%.
Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, é preciso tomar en consideración o índice de incidencia, é decir, a comparación entre os datos de accidentes en relación co número de traballadores coas continxencias de accidente cubertas. A variación do índice de incidencia total dos accidentes de Galicia supón unha diminución do 3,84%, ao pasar do 384,48 no 2009 aos 369,70 accidentes por cada 100.00 traballadores no 2010, esta diminución é menor que a da contabilidade dos accidentes por mor de que tamén diminuíron os traballadores afiliados. O índice de incidencia máis favorable foi na industria, cunha diminución do 9,06%, seguido da construción cun 3,57%; mentres que na agricultura medrou un 20,46%; na pesca un 3,81%, e nos servizos un 2,55%.
Diminución do 4,71% nos primeiros cinco meses do ano
Para dimensionar máis axeitadamente a interpretación destes datos, é necesario contextualizalos na sinistralidade acumulada ao longo do ano. Desde xeito, considerando os resultados correspondentes aos primeiros cinco meses de 2010, observase que baixou en Galicia un 4,71%, cun total de 15.577 fronte a 16.347 no mesmo periodo de 2009.