Luns, Maio 31, 2010
NO MES DE ABRIL REDÚCESE A SINISTRALIDADE LABORAL EN GALICIA UN 10,34%
A accidentalidade laboral baixou en Galicia un 10,34% o pasado mes de abril, período no que se produciron 2.932 accidentes con baixa en xornada laboral, fronte aos 3.270 do mesmo mes do ano anterior. Do total dos rexistrados, 2.865 foron leves, 65 foron de carácter grave e 2 mortais.
Analizando os datos por sectores, a meirande diminución foi na agricultura, cunha baixada do 18,98%; seguida da industria, cun 14,24%; dos servizos cunha baixada do 10,99% e da construción, cun 2,76% menos de sinistralidade. Somentes no sector da pesca houbo no mes de abril un pequeno incremento do 0,93%
Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, é preciso tomar en consideración o índice de incidencia, é decir, a comparación entre os datos de accidentes en relación co número de traballadores coa continxencia de accidente cuberta. O índice de incidencia é especialmente favorable na agricultura cunha reducción do 13,39%, ao pasar de 315,11 a 272,91 por cada 100.000 traballadores; nos servizos cun 11,18%, ao pasar de 256,33 a 227,68; e na industria a diminución foi do 10,09%, ao pasar de 711,62 a 639,78. Mentres, o maior incremento do índice de incidencia por sectores no mes de abril foi na construción cun 8,77% e na pesca cun 3,37%.
Para dimensionar máis axeitadamente a interpretación destes datos, é necesario contextualizalos na sinistralidade acumulada ao longo do ano. Desde xeito, considerando os resultados correspondentes ao primeiro cuatrimestre de 2010, observase que baixou en Galicia un 4,32%, cun total de 12.592 fronte a 13.160 no mesmo periodo de 2009.