Luns, Maio 25, 2020
Manuais coas principais recomendacións e medidas de seguridade hixiénico-sanitarias para os distintos eidos do sector turístico
Con base á información e ás recomendacións da autoridade sanitaria, a Consellería de Cultura e Turismo, co asesoramento técnico do ISSGA, elaborou estes manuais que teñen como finalidade orientar as actuacións na fase de reactivación da actividade para garantir a saúde no ámbito da acollida, recepción e atención dos clientes, e no ámbito laboral das persoas traballadoras. As medidas deberán analizarse individualmente para adaptalas á súa singularidade e actualizarse en función das novas indicacións da autoridade sanitaria e a normativa aplicable en cada momento.
Trátase dunhas publicacións que condensan os requisitos obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidad, as recomendacións elaboradas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e outros consellos adaptados aos establecementos galegos, co obxectivo de facilitar a súa consulta por parte dos distintos axentes. En concreto, elaboráronse manuais adaptados para:
- Aloxamentos rurais
- Albergues
- Axencias de viaxes
- Balnearios
- Camping
- Turismo activo e ecoturismo
- Campos de golf
- Guías de turismo
- Hoteis e apartamentos turísticos
- Oficinas de información turística
- Restaurantes, bares, cafeterías e terrazas