Mércores, Agosto 19, 2026
Mantense a alerta por episodio de calor
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2026
Dentro do marco do "Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", do que forma parte o Issga, achégase a seguinte comunicación de alerta por episodio de calor nas seguintes zonas isoclimáticas:
Nivel 2 (laranxa)
Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.
A partir de mañá as temperaturas baixarán significativamente na parte Oeste da Comunidade. Só haberá temperaturas superiores a 35ºC nas zonas do Sur de Lugo e Ourense.
Neste enlace tamén poden atopar un mapa indicativo das zonas e concellos afectados: https://leugimsan.es/dxsp/mapacalor/
A exposición a temperaturas excesivas pode provocar problemas de saúde tales como mareo, esgotamento, debilidade, fatiga e cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor. Por este motivo, recoméndase evitar as actividades ao aire libre nas horas máis calorosas e reducir a actividade física, hidratarse, usar ropa lixeira e gorra e prestar especial atención aos grupos de poboación con maior vulnerabilidade (persoas maiores, nenos e nenas, especialmente os e as menores de catro anos, embarazadas, persoas con problemas de saúde crónicos, persoas que traballan ou practican deporte intenso no exterior).
Ligazóns de interese: