Novas

Martes, Agosto 18, 2026

Mantense a alerta por episodio de calor

mapa da comunidade coas zonas isoclimáticas  afectadas polo episodio de calor

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2026

Dentro do marco do "Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", do que forma parte o Issga, achégase a seguinte comunicación de alerta  por episodio de calor nas seguintes zonas isoclimáticas:


Nivel 3 (vermello)
Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.


Nivel 2 (laranxa)

Miño de Ourense: A Arnoia, Barbadás, Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Nogueira de Ramuín, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Toén
Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo.

Rias Baixas ou litoral de Pontevedra: Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

Interior de Pontevedra: Agolada, Campo Lameiro, O, Caniza, A, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Estrada, A, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, Lama, A, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

Nivel 1 (amarelo)
Suroeste de A Coruña: Boiro, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois.
Miño de Pontevedra: Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui.

As temperaturas seguirán sendo elevadas ata o martes prevendo que o próximo mércores empecen a baixar.

Neste enlace tamén poden atopar un mapa indicativo das zonas e concellos afectados: https://leugimsan.es/dxsp/mapacalor/

A exposición a temperaturas excesivas pode provocar problemas de saúde tales como mareo, esgotamento, debilidade, fatiga e cambras musculares, síncope, deshidratación, insolación e golpe de calor. Por este motivo, recoméndase evitar as actividades ao aire libre nas horas máis calorosas e reducir a actividade física, hidratarse, usar ropa lixeira e gorra e prestar especial atención aos grupos de poboación con maior vulnerabilidade (persoas maiores, nenos e ne­nas, especialmente os e as menores de catro anos, embarazadas, persoas con proble­mas de saúde crónicos, persoas que traballan ou practican deporte intenso no exterior).

Ligazóns de interese:

https://issga.xunta.gal/gl/campanas/traballo-e-calor