Novas

Mércores, Agosto 12, 2026

Mantense a alerta por episodio de calor

mapa da comunidade coas zonas isoclimáticas  afectadas polo episodio de calor

Dentro do marco do "Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde", do que forma parte o Issga, achégase a seguinte comunicación de alerta  por episodio de calor:

O mércores Galicia quedará na influencia das altas presións situadas sobre CentroEuropa e cunha masa de aire moi cálido sobre a vertical da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. 

Mantense a  alerta por episodio de calor nas seguintes zonas isoclimáticas:

Nivel 2 (laranxa)

Zona de Interior de Pontevedra: Agolada, Campo Lameiro, O, Caniza, A, Cerdedo Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Estrada, A, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, Lama, A, Moraña, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces.

Zona de Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo

Zona de Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.

Non hai ningunha zona isoclimática en alerta vermella.

O Plan está dispoñible na ligazón:

https://airesaude.sergas.gal/Contidos/CC_Recomend_calor?idioma=ga

As recomendacións xerais para os centros sanitarios son as que se atopan no Anexo VIII.
As recomendacións xerais para os centros sociosanitarios son as que se atopan no Anexo VII.

Ligazóns de interese:

https://issga.xunta.gal/gl/campanas/traballo-e-calor