Martes, Maio 11, 2021
Límites de exposición profesional para axentes químicos 2021
O documento dos Límites de Exposición Profesional para Axentes Químicos en España, recolle os valores adoptados polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo para o ano 2021 e que foron aprobados pola Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST).
É o resultado do labor realizado polo grupo de traballo de Valores Límites da CNSST no que participa o ISSGA, representado por José Rega Piñeiro, xefe centro ISSGA da Coruña.
Incorporáronse os axentes químicos da quinta lista de Valores Límite de exposición profesional indicativos da directiva da Comisión Europea 2019/1831, con iso consolídase a transposición da mesma ao ordenamento xurídico-laboral español.
As actualizacións e modificacións desta edición afectan a 27 axentes químicos.