Mércores, Xuño 05, 2013
Libro de Sinistralidade laboral de Galicia en 2012
Xa está dispoñible o libro de Sinistralidade laboral de Galicia en 2012.
Ademais da publicación en formato papel, poñemos a disposición o noso libro dende a web en formato pdf para súa libre descarga. Inclúe a contabilidade dos accidentes de traballo, cun epígrafe específico para os accidentes mortais, as enfermidades profesionais, a variación interanual dos accidentes dos últimos dez anos e un capítulo para os índices de incidencia sectoriais por provincias.