Novas

Mércores, Abril 24, 2019

Informamos sobre a importancia dos riscos relativos a mobilización de persoas con capacidade reducida

Ourense, 24 de abril de 2019. Con motivo da celebración do “14º Salón da Prevención e Seguridade Laboral PREVISEL” e dentro das actividades levadas adiante polo ISSGA con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo - 28 de abril, tivo lugar esta xornada técnica sobre un dos riscos que mais incidencia e custos está tendo na sinistralidade laboral: os trastornos musculoesquelético, abordándose os riscos relativos á mobilización de persoas con capacidade reducida.

Durante esta xornada presentouse o documento elaborado polo ISSGA sobre mobilización de persoas con capacidade reducida que se distribuirá en dous formatos: tríptico e carteis.

A información se distribúe en tres eixes fundamentais: os principios básicos da mobilización de persoas, as técnicas de mobilización e as axudas técnicas para facilitar a mobilización.

É importante valorar o espazo e os medios dispoñibles, o estado da persoa que se vai atender, utilizar roupa e calzado axeitado ou mesmo manter unha boa forma física para evitar posible lesións.

Nos documentos se indica cal é a posición correcta para mobilizar ás persoas que o precisan, se dan as pautas para incorporalas na cadeira, sentalas á beira da cama e mesmo para pasalas da cama á cadeira de rodas.

Tamén se dan orientacións para elixir unha axuda adecuada e planificar a mobilización para reducir o risco de sufrir unha lesión de costas: táboas de transferencia, disco, guindastre, téxtil de transferencia, ...

Con esta acción formativa se tentou proporcionar os principios básicos para a mobilización de persoas que permita evitar os trastornos musculoesqueléticos derivados desta actividade, mantendo unha postura axeitada, con diferentes técnicas de mobilización segundo a situación así como as axudas técnicas que nos facilitan a dita mobilización.