Novas

Mércores, Febreiro 20, 2019

Impartimos unha xornada sobre primeiros auxilios no Centro Especial Protección Santo Anxo de Rabade

Rábade (Lugo), 20 de febreiro de 2019. A xornada, destinada a 20 alumnos deste centro, foi impartida por María García Díaz, técnica de prevención e especialista en enfermería do traballo do centro do ISSGA de Lugo.

Tivo un contido teórico e práctico e unha duración de dúas horas, entre as 16:30 e as 18:30 horas.

Unha das funcións máis importantes do Issga é a de colaborar coa autoridade educativa, a universidade, centros de investigación e outras entidades para implantar en todos os ciclos e niveis formativos programas educativos de prevención de riscos laborais.

A introdución da cultura preventiva en etapas anteriores á incorporación das persoas á actividade laboral xera unha conciencia consolidada, e a vía máis operativa para isto é a través do sistema educativo. Así, a prevención de riscos laborais debe promoverse en todas as etapas do sistema educativo y é por iso que o ISSGA desenvolve actividades que teñen por finalidade mellorar a información, sensibilización e formación no eido da prevención de riscos laborais.