Mércores, Febreiro 21, 2024
Impartimos unha xornada informativa no IES Plurilingüe A Paralaia
Moaña, 21 de febreiro de 2024. Hoxe tivo lugar unha xornada teórico-práctica para o alumnado do ciclo formativo de instalacións electrotécnicas e mecánicas que tivo unha duración aproximada de 3 horas.
Os contidos/programa da actividade foron sobre bullying e primeiros auxilios e foron impartidas polo persoal técnico do centro ISSGA_Pontevedra, Raquel Gulías e José Miguel López.
O Issga, dentro do seu obxectivo de información, divulgación e formación en materia preventiva, leva adiante accións de promoción da prevención de riscos laborais en colaboración con outras entidades que axuden a implantar unha auténtica cultura preventiva na nosa sociedade.