Venres, Novembro 15, 2024
Impartimos unha charla informativa no IES Plurilingüe Terras de Turonio
Gondomar, 15 de novembro de 2024
O persoal técnico do ISSGA_Pontevedra desplazouse a Gondomar para impartir formación no Ciclo medio de Guía no medio natural e de tempo libre, formado por 37 alumnas e alumnos.
Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral.