Novas

Luns, Novembro 11, 2024

Impartimos unha charla informativa no IES de Valga

Imaxe charla Valga

Valga, 11 de novembro de 2024

O persoal técnico do ISSGA_Pontevedra desplazouse a Valga para impartir formación no Ciclo básico de Agroxardinería e composicións florais cun total de 18 participantes e no Ciclo medio en Xardinería e florería formado por 7 participantes. 

Como órgano técnico en materia de seguridade e saúde laboral da Administración galega, o ISSGA debe ser referente na difusión do coñecemento en materia preventiva a través da participación institucional en xornadas e outras actividades relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguridade e saúde laboral.