Martes, Marzo 12, 2019
Impartimos un curso de formación interna sobre risco eléctrico
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2019. Trátase dun taller práctico que ten como obxectivo a análise, avaliación e verificación de medios de protección para a seguridade eléctrica das instalacións, que ten lugar na sede do Issga en Santiago de Compostela os días 12 e 13 de marzo e conta con 25 asistentes.
Os destinatarios do curso son o persoal técnico do ISSGA e dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia.
Esta acción formativa forma parte da programación formativa da Escola Galega de Administración Pública e se realiza en colaboración con Fremap.
Se abordan os distintos conceptos sobre protección fronte ao risco eléctrico en instalacións industriais, a través das seguintes actividades:
- Análise da normativa de aplicación
- Repaso dos conceptos fundamentais relacionados coa seguridade eléctrica
- Desenvolvemento do proceso iterativo de avaliación de riscos en instalacións e equipos eléctricos
- Seguridade integrada
- Protección
- Información
- Realización de cálculos para a resolución de exercicios prácticos
- Prácticas de montaxe, comprobación, verificación e análise da fiabilidade das proteccións eléctricas
Formación interna
Debido aos numerosos avances no eido da PRL e ao dinamismo da materia, considérase preciso elaborar unha oferta formativa para o persoal do Instituto que inclúa cursos de formación sobre temas relacionados coa seguridade e saúde laboral, co fin de actualizar e afondar os seus coñecementos relacionados coas actividades que desenvolve, ou con temas preventivos novos e de actualidade sobre PRL.