Novas

Mércores, Febreiro 03, 2021

Impartimos un curso de formación interna sobre medios de acceso

antiago de Compostela, 3 de febreiro de 2021. Debido aos numerosos avances no eido da PRL e ao dinamismo da materia, considérase preciso manter actualizada unha oferta formativa para o persoal do Instituto que inclúa cursos e accións sobre temas relacionados coa seguridade e saúde laboral, co fin de actualizar e afondar os seus coñecementos ou con temas preventivos novos e de actualidade sobre PRL.

A proposta de formación interna do Instituto vai ligada ás actuacións que se desenvolven nas distintas áreas preventivas, cun carácter interdisciplinar e tendo en conta as demandas do persoal técnico.

Deste xeito permítenos reforzar a nosa labor fundamental de investigación, asesoramento e asistencia técnica ás organizacións sindicais e empresariais e aos demais axentes económicos para un mellor cumprimento da normativa en prevención de riscos laborais.

Neste caso, hoxe organizouse o seminario “Consultoría e inspección en medios de acceso” (CIMA) que tivo lugar a través de videoconferencia, co obxecto principal de estar ao corrente da lexislación e certificacións relacionadas cos medios de acceso que permitirá aos técnicos do ISSGA coñecer:

  • Uso adecuado de cada produto

  • Correcta aplicación das normativas así como as súas diferenzas

  • Obrigatoriedade das revisións previstas na lexislación