Novas

Martes, Abril 23, 2019

Impartimos na Coruña unha xornada sobre a patoloxía da voz de orixe laboral

A Coruña, 23 de abril de 2019. Hoxe tivo lugar no Centro ISSGA – A Coruña unha xornada técnica que contou coa asistencia dunhas 50 persoas co obxectivo de mellorar a prevención dos riscos derivados do uso continuado da voz, a comunicación deste danos como profesionais e salientar a importancia do control dos riscos no lugar de traballo e da formación específica das persoas traballadoras que empregan de xeito continuo a voz no seu traballo.

A inclusión dos nódulos das cordas vocais no cadro de enfermidades profesionais (Real decreto1299/2006, do 10 de novembro), o estudo das características e a frecuencia das alteracións da voz, así como a prevención das mesmas, enmarcáronse no ámbito da Lei de Prevención de riscos laborais.

É importante mellorar a actuación dos diversos axentes responsables na prevención e atención a estes traballadores, estimular o debate construtivo co fin de dotarnos de máis e mellores ferramentas de traballo e sensibilizar a empregados, empresarios, responsables políticos e sindicais e técnicos da prevención, especialistas en medicina do traballo e enfermería do traballo, médicos de atención primaria e especializada na consideración deste problema de orixe laboral.

Durante esta xornada se fixo unha análise dos datos de comunicación desta patoloxía laboral desde a inclusión no RD 1299/2007 tanto a nivel nacional como en Galicia, as principais actividades nas que se detectan e os datos comunicados no PANOTRATSS por disfonías ou afonías.

Así mesmo, se estudou en detalle as patoloxías da voz de orixe laboral polo uso da voz, remarcando a importancia da formación do uso da voz como instrumento de traballo e a súa rehabilitación e actuación do servizo de prevención nas actividades con este risco.