Mércores, Decembro 20, 2023
Impartimos formación sobre primeiros auxilios no IES de Foz
Foz, 20 de decembro de 2023. Hoxe impartimos unha xornada teórico-práctica para o alumnado dos ciclos formativos de hostalaría deste centro educativo.
A relatora foi María García Díaz, técnica de prevención de riscos laborais e enfermeira especialista en enfermería do traballo do centro do ISSGA de Lugo).
Participaron uns 25 alumnos dos seguintes ciclos:
- Ciclo medio Cociña e Gastronomía I e II
- Ciclo superior de Dirección de Cociña
- Ciclo medio de Servizos de Restauración
- FP Básica de Cociña e Restauración
O Issga, dentro do seu obxectivo de información, divulgación e formación en materia preventiva, leva adiante accións de promoción da prevención de riscos laborais en colaboración con outras entidades que axuden a implantar unha auténtica cultura preventiva na nosa sociedade.