Novas

Mércores, Maio 22, 2024

Impartimos formación sobre primeiros auxilios no CFEA de Lourizán

Imaxe primerios auxilios_Lourizán

Lourizán (Pontevedra), 22 de maio de 2024. Hoxe tivo lugar unha sesión formativa no Centro de Formación e Experimentación Agrario Forestal de Lourizán para uns 25 alumnos/as do primeiro curso do ciclo de grao superior de Xestión forestal e do medio natural.

A formación teórico-práctica foi impartida por Raquel Gulías, técnica de saúde laboral do Centro Issga_Pontevedra que expuxo diversas técnicas de actuación en primeiros auxilios como son a RCP, uso do DESA, control de hemorraxias, actuacións PAS, entre outras.

A dita actividade terá lugar novamente o vindeiro mércores, 29 de maio, para o alumnado do ciclo de grao medio de Aproveitamento e conservación do medio natural.